Saltar ao contido
Web caída ou hackeada? Axudámosche a recuperala

VPS xestionado

Un servidor virtual con recursos reservados para o teu proxecto. Ti decides que se instala. O sistema, os parches, as copias e a devasa levámolos nós.

Cando compensa un VPS

Cando unha web ou unha tenda empeza a notar as súas veciñas do servidor compartido. Ou cando necesitas algo que un hosting compartido non deixa facer, como Node, unha versión concreta de PHP para unha aplicación antiga, un Laravel coas súas colas ou unha base de datos con moita escritura.

O VPS é teu. Se queres acceso root, téñelo. Se prefires non tocalo, administrámolo igual que os nosos propios servidores, coa devasa pechada a todo o que non ten que estar aberto e a copia diaria noutro servidor.

E se o proxecto medra, amplíanse procesador, memoria ou disco sen reinstalar nada.

Que facemos nós

  • Parches do sistema

    Actualizacións de seguranza do sistema operativo e dos servizos que teñas instalados.

  • Devasa

    Só quedan abertos os portos que usa o teu proxecto. Os paneis e o SSH pódense limitar á IP da túa oficina.

  • Copias

    Copia diaria noutro servidor, con restauración do servidor enteiro ou de ficheiros soltos.

  • Monitorización

    Comprobamos cada poucos minutos que a web e os servizos responden.

  • Panel, se o queres

    Plesk, cPanel, HestiaCP ou sen panel, segundo o que vaias aloxar.

  • Aplicacións

    Node, Laravel, Odoo, Moodle ou o que necesites, co seu servidor web e a súa base de datos axustados.

Un VPS administrado desde Santiago

O VPS está nun centro de datos da Unión Europea, e quen o administra está en Santiago. Para unha empresa galega iso significa falar coa persoa que coñece o servidor, no teu horario e no teu idioma, sen abrir tiques a alguén que non sabe que tes montado.

O que adoita preguntarse

Podedes vir ver como usamos o servidor?

Se estás en Galicia e fai falta, si. Case todo se resolve en remoto, pero para arrincar un proxecto ás veces compensa sentarnos xuntos.

Que diferenza hai entre un VPS e un hosting compartido?

No compartido, varias webs usan os mesmos recursos do servidor. No VPS, a CPU, a memoria e o disco están reservados para ti.

Que inclúe o prezo?

Os 4 vCPU, os 16 GB de RAM, os 150 GB de disco NVMe en RAID 1, a transferencia sen medir e a administración. Se necesitas un panel con licenza, como Plesk ou cPanel, dicímosche o seu custo no orzamento.

Podo ter acceso root?

Si, se o queres. Só che pedimos que nos avises antes de tocar algo que afecte á seguranza ou ás copias, para non pisarnos.

Podedes xuntar varios proxectos no mesmo VPS?

Si. É habitual xuntar varias webs, ou unha web e o seu correo, no mesmo servidor. Antes estudamos se caben.

Cóntanos que precisas

Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.

986 06 02 70

Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30