Hosting feito por xente que tamén fai webs
Netsis é a marca de aloxamento e sistemas de Invbit, un estudio de deseño e desenvolvemento web de Santiago de Compostela. Aloxamos as webs que deseñamos e as de quen queira un provedor que entenda o que hai dentro.
Por que un hosting dunha axencia
Boa parte dos problemas dunha web están entre o servidor e a propia web. Un plugin que non aguanta a versión de PHP, unha caché que rompe o carro da compra, un formulario cuxo correo acaba no spam. Un provedor de hosting diráche que é cousa da web, e un deseñador, que é cousa do servidor.
Nós facemos as dúas cousas, así que o problema non pasa de man en man. Mírao quen pode arranxalo, estea onde estea.
E como aloxamos tamén as webs que facemos, sabemos o que custa que unha web siga funcionando anos despois de publicala.
Onde estamos
A oficina está en Santiago de Compostela. Traballamos con empresas de toda Galicia e de fóra, case sempre en remoto e en persoa cando fai falta.
- Enderezo
- Calle de Josefa García Segret, 6-8, local 3, 15702 Santiago de Compostela
- Luns a xoves
- 9:00 a 17:00
- Venres
- 9:00 a 14:30
- Teléfono
- 986 06 02 70
- Correo
- info@netsis.es
Se o que necesitas é unha web nova, iso faino Invbit.
Deseño e desenvolvemento web, tendas en liña e aplicacións en invbit.com.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30