Saltar ao contido
Web caída ou hackeada? Axudámosche a recuperala

Mantemento de WordPress

Actualizamos o teu WordPress sen rompelo. Cada cambio próbase primeiro nunha copia, compárase coa web real e só entón se aplica, cunha copia gardada por se houbese que volver atrás.

Tres plans

Todos levan as actualizacións probadas nunha copia. Cambia canto traballo de cambios e soporte entra cada mes.

  • Mantemento Esencial

    Webs corporativas que só precisan estar ao día e a salvo.

    Actualizacións
    Mensuais, probadas nunha copia
    Copia previa
    Antes de cada cambio
    Seguranza
    Plugins pechados e usuarios revisados
    Informe
    Mensual
    39 €/mes + IVE Contratar

    Sen horas de cambios incluídas.

  • Mantemento Profesional

    Webs que cambian a miúdo ou dependen de moitos plugins.

    Todo o do Esencial
    Incluído
    Horas incluídas
    1 h ao mes de cambios ou soporte
    PHP 8
    Paso e parches de compatibilidade
    Limpeza de malware
    Incluída se a web está connosco
    79 €/mes + IVE Contratar

    Se un cambio precisa máis horas, dicímoscho antes de facelo.

  • Mantemento Tenda

    Tendas WooCommerce onde un fallo no carriño custa pedidos.

    Todo o do Profesional
    Incluído
    Horas incluídas
    2 h ao mes
    Compra de proba
    Tras cada actualización
    Pasarelas e envíos
    Revisados con cada cambio
    129 €/mes + IVE Contratar

    Se un cambio precisa máis horas, dicímoscho antes de facelo.

Actualizar non é darlle ao botón

WordPress avisa de que hai actualizacións e ofrece un botón para facelas todas. O botón funciona ata o día en que un plugin cambia a súa forma de gardar datos ou o tema deixa de ser compatible, e a web rompe diante dos teus clientes.

O noso método é máis lento e máis seguro. Facemos unha copia da web, actualizamos a copia, comparamos as páxinas importantes coas da web real e probamos formularios e carriño. Se todo cadra, aplícase. Se algo falla, arránxase na copia.

Así puxemos ao día webs que seguían en WordPress 3 e 4, feitas con Elementor, Divi, BeTheme ou WPBakery e traducidas con WPML.

O que non facemos

  • Aplicar actualizacións grandes sen probalas antes.
  • Cambiar deseño ou textos sen que nolo pidas.

Que entra no mantemento

  • Actualizacións probadas

    Núcleo, plugins e tema, con proba previa nunha copia.

  • PHP 8

    Pasamos a web a unha versión de PHP con soporte e corriximos o que non aguante o cambio.

  • Plugins abandonados

    Se un plugin se pecha por seguranza ou o seu autor o deixa, propoñémosche outro ou substituímolo por código propio.

  • Copia antes de cada cambio

    Unha copia específica xusto antes de tocar nada, á parte da diaria.

  • Usuarios e accesos

    Revisamos que non haxa administradores de máis nin contas de xente que xa non está.

  • Informe

    Que se actualizou e que cambiou, explicado sen xerga.

Webs que quedaron sen mantemento

Moitas webs de empresas de Galicia fixéronse cunha axuda ou para unha campaña e ninguén as volveu actualizar. Seguen funcionando ata que un día deixan de facelo, ou ata que alguén entra por un plugin vello. O mantemento evita chegar a ese punto.

O que adoita preguntarse

Mantedes webs feitas co Kit Digital?

Si. Moitas desas webs quedaron sen mantemento ao acabar a axuda. Revisámolas, poñémolas ao día e dicímosche que convén manter.

Cada canto actualizades?

As actualizacións de seguranza van primeiro. O resto agrúpase en tandas que se proban xuntas, para non tocar a web cada semana.

Que pasa se unha actualización rompe algo?

Se falla na copia, a web real nin se decata. Se algo escapa e aparece despois, volvemos á copia feita xusto antes do cambio.

Mantedes webs que non estean aloxadas convosco?

Si, en calquera hosting no que teñamos acceso.

Inclúe cambios de contido?

O mantemento é técnico. Para cambios de textos, deseño ou seccións novas, Invbit, o estudio ao que pertence Netsis, faiche o orzamento.

Cóntanos que precisas

Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.

986 06 02 70

Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30