Resposta a incidentes de seguranza
Unha caixa de correo que manda facturas con outra conta bancaria, un panel no que entrou alguén de fóra ou a sospeita de que levaron datos. Cortamos o acceso, aberiguamos que pasou cos rexistros e dámosche por escrito o que fai falta para decidir os seguintes pasos.
Que facemos
-
Cortar
Cambiamos contrasinais, pechamos as sesións abertas e bloqueamos o acceso que se usou.
-
Preservar
Gardamos rexistros e ficheiros antes de limpar, porque despois poden facer falta.
-
Reconstruír
Cos rexistros do servidor refacemos que se fixo, desde onde e cando. Nunha caixa de correo, que correos se leron ou descargaron, que se enviou e a quen.
-
Informar
Entregámosche un informe claro, para ti e para os teus clientes se hai que avisalos, cos datos técnicos que pide a notificación á AEPD.
As primeiras horas contan
Os rexistros dos servidores non se gardan para sempre. Canto antes se miran, máis se pode reconstruír e máis doado é demostrar o que non pasou, que moitas veces é o que máis tranquiliza.
Se o correo ou a web non están aloxados connosco, traballamos cos rexistros que dea o teu provedor. Microsoft 365 e Google Workspace teñen os seus.
Cando a fraude entra polo correo
Un dos casos que vemos en empresas de Galicia é o da factura co IBAN cambiado. Alguén entra nunha caixa de correo, agarda a que haxa un pagamento pendente e manda a factura con outra conta. Canto antes se revisan os rexistros, máis doado é saber que correos se leron e a quen avisar.
O que adoita preguntarse
Que fago se xa paguei unha factura co IBAN cambiado?
Chama ao teu banco nese momento para tentar parar a transferencia e denúncialo. Nós revisamos a caixa de correo para saber como entraron e pechar a porta.
Teño que notificar á AEPD?
Se a brecha afecta a datos persoais, o RGPD pide notificala en 72 horas agás que sexa improbable que supoña un risco para as persoas. Dámosche os datos técnicos. A decisión, co teu asesor legal.
Pódese saber que correos se leron?
Se a caixa de correo está nun servidor con rexistros de acceso, si. Vese que mensaxes se abriron ou descargaron e desde que enderezo. Depende de canto tempo garde o servidor eses rexistros.
Que fago mentres tanto?
Cambia o contrasinal da conta afectada desde outro equipo, non borres nada e avisa a quen poida ter recibido correos falsos no teu nome.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30