Microsoft 365 e Google Workspace
Se a túa empresa traballa con Outlook, Teams ou Gmail, o correo ten que chegar, as caixas de correo de quen marcha non poden quedar abertas e alguén ten que saber onde está cada cousa. Diso encargámonos nós.
Como facemos o cambio
-
Escollemos contigo
Microsoft 365 ou Google Workspace, e que plan necesita cada persoa. Non todos os usuarios necesitan o mesmo.
-
Preparamos o dominio
Verificación e rexistros do correo, sen tocar aínda a entrega, para que o día do cambio non haxa sorpresas.
-
Copiamos o correo
Caixa a caixa, con cartafoles, enviados e arquivados, mentres seguides usando o correo de sempre.
-
Cambiamos a entrega
Nun momento tranquilo, cunha segunda pasada para recoller o que chegou mentres tanto. Despois deixamos Outlook e os móbiles configurados.
Despois do cambio
Cando alguén entra na empresa dámoslle a súa conta, e cando marcha pechámola sen perder o seu correo. Revisamos que ninguén teña reenvíos cara a fóra nin accesos desde sitios raros, que é por onde comezan moitas fraudes de facturas.
A web pode seguir en Netsis e o correo en Microsoft ou Google. Configuramos o dominio para que as dúas cousas convivan.
O que adoita preguntarse
Microsoft 365 ou Google Workspace?
Se na empresa se usan Word, Excel e Outlook a diario, Microsoft 365 adoita encaixar mellor. Se se traballa no navegador e con documentos compartidos, Google Workspace. Dicímoscho vendo como traballades.
Pérdese algún correo ao cambiar?
Non, se se fai en dúas pasadas: unha antes do cambio con todo o histórico e outra despois co que chegou mentres tanto.
E se xa o temos pero ninguén o xestiona?
Pasa a miúdo. Revisamos como está, pechamos o que sobra, activamos o dobre factor e seguimos levándoo nós.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30