Web caída, en branco ou con erro 500
Unha actualización de plugins, un cambio de PHP ou un servidor sen memoria, e a web deixa de cargar. Mirámolo nos rexistros do servidor, que case sempre din que fallou, e volvémola poñer en marcha.
Primeiro, que volva abrir
Cando unha web está caída, o urxente é que volva abrir. Ás veces abonda con desactivar o plugin que fallou ou volver á versión de PHP anterior, e iso faise en minutos.
Despois hai que arranxar a causa. Un plugin que non aguanta PHP 8, un tema abandonado ou unha base de datos que se queda sen memoria van volver tumbar a web se só se esquivan. Corrixímolo, cun parche propio se o autor xa non mantén o código.
Se a web está noutro provedor, abóndanos con acceso ao panel do hosting, ou por FTP e á base de datos.
Que adoitamos arranxar
-
Incompatibilidades con PHP 8
Temas e plugins antigos que dan erro fatal con PHP 8. Parcheámolos ou propoñémosche substituílos.
-
Actualizacións que rompen
Volvemos á versión que funcionaba e preparamos a actualización nunha copia.
-
Base de datos caída
Táboas danadas, falta de memoria ou consultas que bloquean o servidor.
-
Certificados e redireccións
Bucles ao activar HTTPS ou cambiar de dominio, e certificados caducados.
Soporte que xa coñece a túa web
Se a túa web está aloxada connosco, cando cae non hai que explicala desde cero. Xa sabemos que tema e que plugins leva, que versión de PHP usa e onde está a copia, e iso acurta moito o arranxo.
O que adoita preguntarse
Atendedes webs caídas de calquera provincia?
Si, de toda Galicia e de fóra. O arranxo é remoto, así que a distancia non cambia nada.
Podédesme axudar se a miña web non está aloxada convosco?
Si. Con acceso ao panel do hosting, ou por FTP e á base de datos, traballamos en calquera provedor.
Vou perder contido?
Normalmente non. Cando unha web cae, o contido adoita seguir na base de datos e o que falla é o código que o mostra. Antes de tocar nada, facemos copia.
Como evito que volva pasar?
Probando as actualizacións nunha copia antes de aplicalas na web real. É o que facemos no mantemento de WordPress.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30