Saltar ao contido
Web caída ou hackeada? Axudámosche a recuperala

Analítica e medición

Ter Analytics instalado non é o mesmo que saber que che trae clientes. Medimos o que importa no teu negocio, as chamadas, os formularios e as vendas, respectando o consentimento de cookies, e contámoscho nun informe que se le en cinco minutos.

O que deixamos montado

  • Google Analytics 4 e Tag Manager

    Configurados desde cero ou revisados se xa os tiñas, coas conversións que de verdade lle importan ao teu negocio.

  • Consentimento

    Todo agarda polo aviso de cookies. Co modo de consentimento de Google, quen rexeita non se mide igual, e explicámoscho para que leas os datos con coidado.

  • Tendas

    Compras co seu importe, produtos vistos e carriños, tamén enviados desde o servidor para que se perdan menos.

  • Search Console

    Que buscas te atopan, que páxinas medran e cales teñen erros.

Medir sen cookies

Se non fas campañas de publicidade, pode que non che faga falta Google Analytics. Unha ferramenta de medición sen cookies conta as visitas e as páxinas que funcionan sen pedir consentimento, e a web non necesita aviso de cookies.

Dicímosche cal encaixa co que fas. E se xa tes campañas en Google ou Meta, Invbit encárgase delas e nós de que a medición chegue ben.

O que adoita preguntarse

Por que Analytics me dá menos visitas ca antes?

Case sempre é o consentimento. Quen rexeita as cookies non se mide igual, e o número baixa aínda que veñan as mesmas persoas. Revisámolo e dicímosche que parte é iso e que parte non.

Teño que ter aviso de cookies para usar Analytics?

Si, e ten que bloquear Analytics ata que o visitante acepte. Deixámolo ben feito en cookies e RGPD.

Ensinádesme a ler os datos?

Deixámosche un informe co que importa e explicámoscho nunha chamada curta. Non fai falta que aprendas a manexar Analytics.

Cóntanos que precisas

Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.

986 06 02 70

Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30