Servidores dedicados e nube privada
Para empresas que xa non caben nun VPS ou que necesitan separar aplicacións, datos e accesos. Montamos a máquina, virtualizámola con Proxmox se convén e administrámola como as nosas.
Unha máquina, varias pezas separadas
Con Proxmox, un servidor dedicado repártese en varias máquinas virtuais e contedores illados. A web nun, o ERP noutro, o correo nun terceiro. Se un ten un problema, os demais seguen ao seu, e cada peza ten a súa copia e os seus permisos.
É a mesma forma en que temos montada a nosa propia infraestrutura.
Antes de propoñerche nada, falamos de que vas aloxar, quen ten que entrar e desde onde, e que pasa se algo cae. Esa consultoría non ten custo.
Que inclúe
-
Virtualización Proxmox
Máquinas virtuais e contedores illados dentro do mesmo servidor.
-
Devasa perimetral
Todo pechado por defecto e aberto só ao que fai falta. Os paneis e o SSH, só desde a túa oficina.
-
Copias noutro centro de datos
A copia diaria sae do servidor e gárdase noutro provedor, con restauración de ficheiros soltos.
-
Administración
Parches, monitorización e axuste de servizos coas mesmas ferramentas que usamos nos nosos servidores.
-
Réplica de bases de datos
Para aplicacións críticas, unha segunda base de datos ao día noutra máquina.
-
Acceso seguro
VPN WireGuard para que o teu equipo entre sen abrir nada a Internet.
Para empresas de Galicia con datos sensibles
Asesorías, clínicas, laboratorios ou empresas que traballan para clientes grandes adoitan necesitar as súas aplicacións separadas e saber onde están os seus datos. Montamos a nube privada cos datos na Unión Europea, administrámola desde Santiago e axudámosche coa documentación técnica que che pida un cliente nunha auditoría.
O que adoita preguntarse
Onde están fisicamente os datos?
En centros de datos da Unión Europea, coa copia nun provedor distinto. Dicímosche cales ao preparar a proposta.
Dedicado ou VPS?
Se tes un só proxecto, case sempre un VPS. O dedicado compensa cando hai varias aplicacións que convén separar, moita carga ou datos que un cliente grande che esixe ter en máquina propia.
Que é unha nube privada?
Un ou varios servidores só para a túa empresa, repartidos en máquinas virtuais que se crean, se amplían e se copian desde un panel. Funciona como unha nube pública, coa diferenza de que os recursos e os datos son só teus.
Podedes administrar un servidor que xa temos?
Si, sexa un dedicado noutro provedor ou un servidor na túa oficina. Primeiro revisamos o que hai e dicímosche que cambiariamos. Mira sistemas para empresas.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30