O teu equipo técnico en Galicia, da web ao servidor
Aloxamos a túa web, mantémola ao día e administramos os servidores da túa empresa, desde Santiago. Se algo falla, aténdete a mesma xente que ten acceso ao servidor.
- Máis de 1000 clientes
- Oficina en Santiago de Compostela
- Migración de balde desde o teu hosting
- Atendémoste en castelán ou en galego
- Copia diaria nun servidor distinto ao da túa web
- Certificado SSL que se renova só
- Devasa web con regras OWASP e as nosas contra bots
- Antispam e greylisting en cada caixa de correo
- PHP 8 con OPcache e HTTP/2
Acompañámoste en todo o proxecto
Podes empezar por unha soa cousa e sumar o resto cando o precises. Falas sempre coa mesma xente.
-
Arrincar
Dominio, correo co teu dominio e, se fai falta, a web nova, que deseña e programa Invbit, o estudio ao que pertence Netsis.
-
Aloxar
A túa web nun servidor que administramos nós, con copia diaria e certificado. A migración desde o teu hosting vai incluída.
-
Manter
Actualizacións probadas antes nunha copia, revisión de seguranza e informe cada mes, co noso mantemento de WordPress. As copias externas gardan o resto.
-
Organizar a oficina
Servidores, acceso remoto, copias e correo de empresa, administrados coma os nosos. Empezamos vendo o que tes, en sistemas para empresas.
Plans de aloxamento
Catro formas de aloxar un proxecto, da web de empresa ao servidor propio. Se non sabes cal che toca, cóntanos que tes e dicímoscho.
-
Aloxamento WordPress
Webs de empresa, blogs e tendas WooCommerce con pouco catálogo.
- Espazo
- 50 GB en discos NVMe
- Transferencia
- Sen medir
- Correo
- 20 caixas con antispam
- Certificado SSL
- Incluído, renóvase só
- Copias
- Diarias, noutro servidor
- PHP
- 8.x con OPcache
-
Aloxamento PrestaShop
Tendas PrestaShop e WooCommerce con catálogo grande e pedidos cada día.
- Espazo
- 50 GB en discos NVMe
- Transferencia
- Sen medir
- Correo
- 20 caixas con antispam
- Certificado SSL
- Incluído, renóvase só
- Copias
- Diarias, noutro servidor
- Protección
- Regras contra bots de filtros e forza bruta
-
VPS xestionado
Proxectos con moito tráfico ou que precisan recursos só para eles.
- Procesador
- 4 vCPU
- Memoria
- 16 GB de RAM
- Disco
- 150 GB NVMe en RAID 1
- Transferencia
- Sen medir
- Acceso
- Root por SSH se o queres
- Administración
- Incluída: parches, copias e monitorización
-
Dedicado ou nube privada
Empresas con varias aplicacións, datos sensibles ou requisitos de cliente grande.
- Máquina
- Servidor dedicado ou nube privada Proxmox
- Recursos
- Á medida do proxecto
- Rede
- Devasa pechada á túa oficina
- Copias
- Noutro centro de datos
- Administración
- Incluída
A túa web caeu ou foi hackeada?
Limpamos WordPress e PrestaShop infectados, buscamos por onde entraron e pechamos esa porta. Tamén levantamos webs que se quedan en branco ou dan erro 500 despois dunha actualización.
Dá igual onde estea aloxada. Chámanos e mirámolo.
Casos que vemos a miúdo
- A web redirixe a páxinas de apostas ou de farmacia.
- Google ou o navegador avisan de que o sitio é perigoso.
- A tenda pide os datos da tarxeta dúas veces.
- Aparecen administradores que ninguén creou.
- O hosting suspendeu a conta por malware.
- Pantalla en branco ou erro 500 tras actualizar.
Webs que quedaron vellas
Hai webs que levan anos sen tocarse porque actualizalas dá medo. Nós actualizámolas primeiro nunha copia, comprobamos que todo se ve e funciona igual, e só entón pasamos o cambio á web real.
Fixémolo con WordPress que seguían na versión 3 e con tendas cargadas de módulos que ninguén se atrevía a tocar.
- Mantemento WordPress Actualizacións probadas, PHP ao día e copia antes de cada cambio.
- Actualizar PrestaShop Actualización de tendas con ensaio previo e compra de proba.
- Velocidade web Webs e tendas lentas: medimos, corriximos e volvemos medir.
- Migración gratuíta Traemos a túa web e o teu correo desde calquera hosting.
Sistemas para empresas
O que facemos cos nosos servidores facémolo tamén cos teus. Montamos e administramos servidores Linux, copias externas, correo, VPN e aplicacións como Nextcloud ou Odoo, para empresas sen informático en plantilla ou que queren quitarlle traballo ao que teñen.
Ver sistemas para empresas- Copias de seguranza Copias externas de servidores e datos de empresa.
- Servidor de oficina e nube Arquivos compartidos, Nextcloud e contrasinais en servidor propio.
- VPN e teletraballo Acceso seguro á oficina desde a casa, sen abrir nada a Internet.
- Correo profesional Caixas de correo co teu dominio, antispam e migración sen perder correos.
- Aplicacións aloxadas Odoo, Moodle, n8n, Nextcloud ou a túa aplicación á medida.
- Auditoría de seguranza Revisión de webs, servidores e correo antes de que haxa un susto.
Cambiarte a Netsis
A migración facémola nós e vai incluída no plan. Así é como se fai:
-
Dásnos acceso ao teu hosting actual
Co acceso ao panel ou por FTP abonda. Se non o tes, axudámosche a pedirllo ao teu provedor.
-
Copiamos a web e o correo
Montámolo todo no noso servidor e probámolo cun enderezo provisional antes de tocar nada do que tes.
-
Cambiamos o DNS cando ti digas
Escollemos un momento tranquilo. O correo cópiase antes e despois do cambio para que non se quede ningunha mensaxe polo camiño.
-
Revisamos que todo funciona
Formularios, envíos de correo, pagamentos da tenda e certificado. Non deas de baixa o hosting anterior ata que confirmes que todo vai ben.
Estamos en Santiago
A nosa oficina está en Santiago de Compostela e traballamos con empresas das catro provincias: tendas en liña, despachos, hoteis, cooperativas.
Netsis é a marca de aloxamento de Invbit, estudio de deseño e desenvolvemento web. Se prefires explicarnos o teu proxecto en persoa, ven vernos.
- Enderezo
- Calle de Josefa García Segret, 6-8, local 3, 15702 Santiago de Compostela
- Luns a xoves
- 9:00 a 17:00
- Venres
- 9:00 a 14:30
- Teléfono
- 986 06 02 70
- Correo
- info@netsis.es
O que adoita preguntarse
Canto custa cambiarme de hosting?
Nada. A migración da web e do correo vai incluída cando contratas un plan, e facémola nós. Mira como é en migración gratuíta.
Onde están os servidores?
En centros de datos da Unión Europea. As copias de seguranza gárdanse nun centro de datos distinto ao do servidor onde está a túa web.
Podo ter o correo en Netsis e a web noutro sitio, ou ao revés?
Si. É habitual ter a web aquí e o correo en Microsoft 365 ou Google Workspace. Configuramos os rexistros DNS para que as dúas cousas funcionen xuntas e o correo non acabe en spam.
Tamén facedes webs?
Si, a través de Invbit, o estudio de deseño e desenvolvemento ao que pertence Netsis. Se só necesitas o aloxamento, tamén cho damos sen máis.
Que pasa se me hackean a web estando aloxada convosco?
Limpámola e pechamos a entrada. Primeiro miramos como entraron, que case sempre é un plugin sen actualizar ou un contrasinal filtrado, porque se non se pecha iso volven entrar. Os detalles están en limpeza de malware.
En que horario atendedes?
De luns a xoves de 9:00 a 17:00 e os venres de 9:00 a 14:30, por teléfono, correo ou o formulario de abaixo.
Cóntanos que tes
Dinos que web ou que servidores tes agora e que che preocupa. Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30