Actualización de PrestaShop
Actualizar unha tenda dá medo, e con razón: pasarelas de pagamento, módulos de terceiros, modelos retocados. Facémolo primeiro nunha copia completa da tenda, probamos o proceso de compra enteiro e só despois tocamos a tenda real.
Que versión che toca
Dentro da mesma rama, por exemplo dunha 1.7 antiga á 1.7.8.11, a actualización faise sobre a tenda que xa tes. É o máis habitual e o que máis seguranza dá por menos traballo.
Saltar a PrestaShop 8 ou 9 é outra cousa. Cambian os modelos, moitos módulos non teñen versión compatible e algunha pasarela de pagamento hai que substituíla. Ás veces compensa máis refacer a tenda sobre a versión nova. Dicímoscholo con números antes de comezar.
Como o facemos
-
Revisión
Listamos módulos, modelo e pasarelas, e comprobamos cales teñen versión compatible.
-
Ensaio nunha copia
Actualizamos unha copia exacta da tenda e arranxamos aí o que falle.
-
Compras de proba
Facemos pedidos con cada forma de pagamento e comprobamos correos, stock e impostos.
-
Cambio na tenda real
Nunha hora de pouco tráfico, con copia da tenda xusto antes e posibilidade de volver atrás.
Tendas que quedaron na 1.6 ou na 1.7
Moitas tendas de Galicia montáronse con PrestaShop hai anos e seguen en versións 1.6 ou 1.7 antigas, con módulos que xa ninguén mantén. Actualizalas a tempo sae máis barato que limpar unha tenda hackeada.
O que adoita preguntarse
Actualizades tendas que non están aloxadas convosco?
Si. O ensaio faise sobre unha copia no noso servidor de probas e o cambio final no teu hosting, sexa cal sexa.
Pérdense pedidos ou clientes?
Non. Pedidos, clientes e produtos seguen na mesma base de datos. O que cambia é o programa.
Canto tempo está a tenda pechada?
Só durante o paso final, nunha hora tranquila. O traballo longo faise na copia.
Actualizades tamén WooCommerce?
Si, co mesmo método. Telo en mantemento de WordPress.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30