Saltar ao contido
Web caída ou hackeada? Axudámosche a recuperala

Dominios .gal, .es e .com

Rexistramos o teu dominio ou traémolo desde onde o teñas, e encargámonos do DNS para que a web, o correo e o certificado apunten a onde teñen que apuntar.

O .gal, o dominio de Galicia

Se a túa web está en galego ou ten que ver con Galicia, o .gal di de onde es antes de que abran a páxina. Contámosche que condicións pide o seu rexistro e tramitámolo nós.

Moitas empresas rexistran o .gal xunto ao .es e ao .com para protexer a marca, e fan que todos leven á mesma web.

Que facemos co teu dominio

  • Rexistro e renovación

    Ao teu nome, que é como ten que estar. O dominio é teu aínda que o xestionemos nós.

  • Traslado

    Se o tes noutro rexistrador, traémolo. Ti só tes que pedir o código de transferencia.

  • DNS xestionado

    Rexistros para a web, o correo, Microsoft 365, Google Workspace ou o que faga falta.

  • Cloudflare

    Se o usas, configurámolo para que a web siga vendo a IP real das visitas e o correo non pase polo proxy.

  • DNSSEC

    Activámolo se o necesitas e, ao cambiar de provedor, facémolo na orde correcta para que o dominio non deixe de funcionar.

  • Correo do dominio

    Caixas de correo co teu dominio en correo profesional.

O que adoita preguntarse

Convenme o .gal se vendo fóra de Galicia?

Se a túa marca ten raíz galega, o .gal suma, e o normal é telo xunto ao .es ou ao .com apuntando á mesma web. Se vendes sobre todo fóra, o enderezo principal adoita ser o .es ou o .com.

A nome de quen queda o dominio?

Ao teu nome ou ao da túa empresa. O dominio é teu aínda que o xestionemos nós.

Córtase a web ao trasladar o dominio?

Non, se se fai ben. Primeiro cópianse os rexistros DNS ao destino e despois cámbiase, así a web e o correo seguen funcionando durante o traslado.

Podo ter o dominio convosco e a web noutro sitio?

Si. Apuntamos o dominio a onde estea a túa web.

Cóntanos que precisas

Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.

986 06 02 70

Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30