Saltar ao contido
Web caída ou hackeada? Axudámosche a recuperala

Hosting para o teu proxecto feito con IA

Fixeches unha web ou unha app con Lovable, Bolt, v0, Cursor ou Claude Code e funciona na túa pantalla. Para que funcione en internet conectámola ao teu repositorio de GitHub ou GitLab, e cada vez que subes cambios publícase soa.

Da túa pantalla a internet

As ferramentas de IA déixanche o código, pero non o sitio onde vive. Fai falta un servidor coa versión de Node.js ou de Python que pide o teu proxecto, unha base de datos, o dominio co seu certificado e alguén que o teña todo ao día.

Iso poñémolo nós. Ti segues traballando coma ata agora: pídeslle cambios á túa IA, súbelos ao repositorio e publícanse sós, sen FTP e sen comandos.

Se o proxecto medra e precisa máis recursos, pasámolo a un VPS xestionado sen cambiar a túa forma de publicar.

Como se publica unha app feita con IA?

  1. Subes o código a GitHub ou GitLab

    Lovable, Bolt e v0 teñen unha opción para gardalo aí. Con Cursor ou Claude Code xa traballas sobre un repositorio.

  2. Dásnos acceso ao repositorio

    Só de lectura, para que o servidor poida descargar o código.

  3. Preparamos o servidor

    Instalamos a versión de Node.js ou de Python que pide o teu proxecto, a base de datos e o certificado do teu dominio.

  4. Cada cambio publícase só

    Desde ese momento, cando subes cambios á rama principal, o servidor descárgaos e publica a versión nova.

Que inclúe o plan

  • Publicación automática

    Conectamos o teu repositorio de GitHub ou GitLab. Cada cambio que subes á rama principal publícase só.

  • Node.js ou Python

    A versión que pide o teu proxecto, coas súas dependencias instaladas. Vale para React, Next.js, Vite, Express, Django ou FastAPI.

  • Base de datos

    MySQL ou PostgreSQL no mesmo servidor. Se a túa app xa usa Supabase ou Firebase, conectámola tal como está.

  • Dominio e SSL

    O teu dominio cun certificado SSL que se renova só.

  • Devasa

    Cloudflare diante do teu proxecto, para servilo máis preto de quen o visita e filtrar ataques antes de que cheguen ao servidor.

  • Copia diaria

    Do código e da base de datos, gardada noutro servidor.

Que unha app funcione non quere dicir que sexa segura.

Nun estudo de Veracode de xullo de 2025, o código xerado por IA meteu fallos de seguranza no 45 % das tarefas analizadas.

Revisión de seguranza do código, desde 290 €

Antes de publicar, un técnico le o teu código buscando os fallos que máis se repiten nas apps feitas con IA: claves de servizos escritas no código á vista de calquera, páxinas e datos aos que se chega sen iniciar sesión, bases de datos abertas e librarías con fallos coñecidos.

Entregámosche un informe ordenado por gravidade e repasámolo contigo por teléfono. As correccións podes facelas ti coa túa IA ou encargárnolas por horas. É un pagamento único, desde 290 € + IVE.

O que adoita preguntarse

Teño que saber programar?

Non. Deixámosche o repositorio conectado e segues coa túa ferramenta de IA coma ata agora. Se algo non arranca ao publicar, escríbesnos e mirámolo.

Valme se o meu proxecto está en Lovable ou en Bolt?

Si, se o código está nun repositorio de GitHub ou GitLab. Se aínda non o tes aí, axudámosche a pasalo.

Que pasa se unha publicación rompe a web?

Cada cambio queda gardado no teu repositorio, así que se pode volver á versión anterior. E a copia diaria garda tamén a base de datos.

Que diferenza hai con Vercel ou Netlify?

Vercel e Netlify cobran o seu plan e, á parte, o tráfico e a execución que pasan do incluído. Aquí pagas 18 € ao mes con transferencia ilimitada, a base de datos vai no mesmo servidor e aténdete unha persoa en galego ou en castelán.

Podo ter máis dun proxecto?

Cada plan é para un proxecto. Para varios, ou se un precisa máis de 2 GB de memoria, propoñémosche un VPS xestionado.

A revisión de seguranza é obrigatoria?

Non. É un extra que podes pedir antes de publicar ou máis adiante. Recomendámola se a túa app garda datos de clientes ou cobra pagamentos.

Cóntanos que precisas

Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.

986 06 02 70

Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30