Mantemento de PrestaShop
Mantemos a túa tenda PrestaShop ao día sen que deixe de vender. Antes de cada actualización facemos unha copia, e despois compramos na tenda como o faría un cliente para comprobar que o carriño e o pagamento seguen funcionando.
Tres plans
Prezos sen IVE e sen permanencia. Os tres levan a subida de versión dentro da túa rama, copia diaria, copia antes de cada actualización e compra de proba despois.
-
Esencial
Tendas que só precisan ter os módulos ao día sen deixar de vender.
- Actualizacións
- Módulos e parches da túa versión
- Copias
- Diarias e antes de cada actualización
- Subida de versión
- Dentro da túa rama*
- Compra de proba
- Despois de cada actualización
- Cambios e soporte
- Non incluídos
-
Recomendado
Profesional
Tendas con pedidos cada semana que queren que todo, do pagamento á velocidade, estea vixiado.
- Todo o do Esencial
- Incluído
- Pasarelas de pagamento
- Revisadas con cada cambio
- Optimización
- Velocidade e base de datos
- SEO e GEO
- Estrutura de fichas e categorías
- Cambios ou soporte
- 1 hora ao mes
-
Avanzado
Tendas que cambian a miúdo ou precisan alguén pendente todo o mes.
- Todo o do Profesional
- Incluído
- Cambios ou soporte
- 3 horas ao mes
- Subida de versión
- Á última de PrestaShop, ao cumprir cada ano no plan
* Unha rama é a familia de versións de PrestaShop que empezan polo mesmo número: 1.6, 1.7, 8 ou 9. Subir dentro da túa rama é pasar, por exemplo, da 1.7.6 á 1.7.8.11, a última da 1.7: chegan os arranxos e as melloras de seguranza, e a tenda, o modelo e os módulos adoitan seguir sendo compatibles. Saltar a outra rama, como da 1.7 á 9, é un cambio maior, e só vai incluído no plan Avanzado.
Que facemos en cada plan
Explicado sen tecnicismos.
-
Módulos e parches ao día
Os módulos son as pezas que engaden funcións á tenda, como o pagamento, os envíos ou o buscador. Os seus autores publican versións novas, moitas para corrixir fallos de seguranza, e instalámolas. Nos tres plans.
-
Subida de versión dentro da túa rama
Cando PrestaShop publica unha versión nova da túa rama, instalámola con ensaio nunha copia, por exemplo dunha 1.7 antiga á 1.7.8.11. Fóra destes plans cobrámola desde 450 € + IVE. Nos tres plans.
-
Compra de proba
Despois de cada actualización facemos un pedido de principio a fin: alta de cliente, carriño, envío e pagamento. Se algo falla, volvemos á copia de antes e arranxámolo. Nos tres plans.
-
Pasarelas de pagamento
Redsys, PayPal ou a que uses: comprobamos que seguen cobrando ben despois de cada cambio, porque unha pasarela que falla non avisa e os pedidos deixan de entrar. Desde o plan Profesional.
-
Optimización
Revisamos que a tenda cargue rápido e limpamos a base de datos, que en PrestaShop medra con cada carriño abandonado e cada visita. Desde o plan Profesional.
-
SEO e GEO de estrutura
Google e os asistentes como ChatGPT len as fichas de produto e as categorías por dentro: títulos, descricións, encabezados, ligazóns. Corriximos o que estea mal para que as entendan ben. Non podemos prometer que saias o primeiro, pero si que a tenda non llelo poña difícil. Desde o plan Profesional.
-
Horas de cambios ou soporte
Cambiar un banner, unha ficha ou os gastos de envío, ou preguntarnos unha dúbida sobre a tenda: 1 hora ao mes no Profesional e 3 no Avanzado. Se algo precisa máis tempo, dicímosche antes canto custa.
-
Subida á última versión de PrestaShop
Cando cumpres cada ano neste plan, pasamos a tenda á última versión de PrestaShop aínda que sexa doutra rama, por exemplo da 1.7 á 9. É o salto que cambia o modelo e obriga a revisar os módulos, e facémolo con ensaio nunha copia. Só no plan Avanzado.
O que vai á parte
Cos plans Esencial e Profesional, o salto a outra rama, como da 1.7 á 9, orzaméntase á parte despois de revisar a tenda. Tes en actualización de PrestaShop.
A limpeza dunha tenda atacada e a vixilancia de caídas tamén se contratan á parte.
O que adoita preguntarse
Mantedes tendas que non están aloxadas convosco?
Si, en calquera hosting no que teñamos acceso. Se prefires traela, o hosting PrestaShop de Netsis custa 10,90 € ao mes + IVE.
Que pasa se unha actualización rompe algo?
Volvemos á copia feita xusto antes do cambio e arranxamos o fallo coa tenda funcionando.
A miña tenda segue en PrestaShop 1.6. Mantédesma?
Si, aínda que esa versión xa non recibe actualizacións de seguranza e moitos módulos tampouco. Mantémola mentres tanto e dicímosche canto custaría pasala a unha versión con soporte.
Hai permanencia?
Non, en ningún plan. Dáste de baixa cando queiras. A subida á última versión do plan Avanzado faise cando cumpres cada ano nel.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30