Saltar ao contido
Web caída ou hackeada? Axudámosche a recuperala

Actualizar PHP da túa web ou aplicación

O 21 de outubro de 2026 PHP corrixiu dous fallos críticos que permiten executar código no servidor, e só publicou o parche para as versións 8.2, 8.3, 8.4 e 8.5. Se a túa web ou a túa aplicación segue en PHP 5.6, 7.x, 8.0 ou 8.1, subímola a unha versión con soporte, adaptamos o código que non aguante o cambio e probámolo todo nunha copia antes de tocar a web real.

Que versións teñen parches

PHP mantén cada versión uns catro anos. A 8.2 deixa de recibir parches de seguranza o 31 de decembro de 2026, a 8.3 recíbeos ata finais de 2027 e a 8.4 ata finais de 2028. As anteriores xa non teñen soporte oficial: para 7.4, 8.0 e 8.1 algúns paneis e distribucións publican correccións pola súa conta, e para as máis antigas non hai ningunha.

Fontes: calendario de versións de PHP e avisos de seguranza de php.net.

O que adoita fallar ao subir de versión

Cada versión de PHP retira funcións e volve máis estritas outras. En webs e aplicacións antigas atopamos a miúdo o cifrado con mcrypt, que desapareceu na 7.2, chamadas a implode cos argumentos na orde antiga, modelos que o seu motor xa non acepta e tendas PrestaShop 1.6 cun cifrado e uns controladores do panel que hai que reescribir.

Todo iso arránxase no código, sen cambiar o deseño nin o que ve o visitante.

Como o facemos

  1. Diagnóstico

    Miramos que versión de PHP, de programa e de plugins ou módulos usa a web, e que código non aguantará o cambio.

  2. Ensaio nunha copia

    Subimos de versión unha copia exacta da web e arranxamos aí o que falle.

  3. Comparación

    Revisamos as páxinas, formularios e procesos importantes antes e despois do cambio.

  4. Cambio na web real

    Con copia xusto antes e a versión anterior preparada para volver atrás se fixese falta.

Cando non compensa actualizar

Nalgunhas webs adaptar o código custa máis que facelas de novo, sobre todo cando dependen dun tema ou dun módulo que ninguén mantén. Se é o teu caso, dicímoscholo con números e dámosche as dúas opcións. O de facela de novo tes en web ou tenda nova.

O que adoita preguntarse

Como pido o diagnóstico?

Déixanos o enderezo da túa web no formulario ou chámanos ao 986 06 02 70. Co enderezo vemos o que se ve desde fóra, e se nos dás acceso miramos tamén o código.

Ten que estar a web aloxada con vós?

Non. O ensaio facémolo no noso servidor de probas e o cambio final no teu hosting, sempre que che deixe escoller a versión de PHP. Se non cha deixa, propoñémosche traer a web a Netsis.

Actualizades tamén WordPress e PrestaShop?

Si, o núcleo, os plugins e os módulos, co mesmo método. Tes en mantemento de WordPress e en actualización de PrestaShop.

Canto custa?

Depende de canto código haxa que adaptar, así que che damos un prezo pechado despois do diagnóstico. Como referencia, actualizar unha tenda PrestaShop dentro da súa mesma rama comeza en 450 € + IVE.

Cóntanos que precisas

Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.

986 06 02 70

Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30