Saltar ao contido
Web caída ou hackeada? Axudámosche a recuperala

Actualización de servidores e sistemas obsoletos

Se a túa empresa ten un servidor que leva anos funcionando sen que ninguén o actualice, revisámolo, dicímosche que parte está sen soporte e levámolo a versións mantidas. Sempre cun ensaio antes do cambio e un camiño para volver atrás.

Sistemas que xa non reciben parches

CentOS 7 deixou de ter soporte o 30 de xuño de 2024, e CentOS 6 bastante antes. Ubuntu 18.04 e 20.04 remataron o seu soporte normal en maio de 2023 e en maio de 2025, e só seguen recibindo parches se teñen Ubuntu Pro. O soporte estendido de Debian 10 rematou o 30 de xuño de 2024, e o de Debian 11 o 31 de agosto de 2026.

O mesmo pasa co que vai enriba: versións de PHP sen parches, MariaDB ou MySQL cuxos repositorios xa non existen, Apache con módulos antigos ou paneis que non se poden actualizar porque o sistema que teñen debaixo xa non é compatible.

Fontes: Red Hat sobre CentOS, ciclo de versións de Ubuntu e soporte estendido de Debian.

Como o facemos

  1. Inventario

    Que sistema, que servizos e que aplicacións ten o servidor, e que depende de cada cousa.

  2. Plan

    Actualizar o servidor que tes, pasar a un novo ou gañar tempo con soporte estendido. Propoñémosche a opción co seu custo.

  3. Ensaio

    Montamos as versións novas nunha copia ou en paralelo e probamos as aplicacións antes do cambio.

  4. Cambio

    Na hora que menos moleste, con copia completa xusto antes e un plan para volver atrás se algo non responde.

Soporte estendido para gañar tempo

Cando a actualización non se pode facer axiña, hai servizos de pagamento que seguen dando parches a sistemas antigos, como Ubuntu Pro para Ubuntu ou TuxCare para CentOS. Serven de ponte mentres preparamos o cambio.

Se prefires non ter o servidor na túa oficina nin noutro provedor, pasámolo a un servidor xestionado de Netsis, desde 50 € ao mes + IVE.

O que adoita preguntarse

Como pido o diagnóstico?

Déixanos no formulario o dominio ou o enderezo do servidor, ou chámanos ao 986 06 02 70. Desde fóra vemos que servidor web e que versións anuncia; para o inventario completo necesitamos acceso, e antes de entrar dicímosche que imos mirar.

Traballades con servidores que non son vosos?

Si. Servidores na túa oficina, noutro provedor ou na nube. Case todo se fai en remoto, para empresas de calquera parte de España.

Hai que parar o servizo?

Só durante o cambio final, no horario que nos digas. O ensaio faise sen tocar o servidor en uso.

Canto custa?

Depende do servidor e do que teña dentro, así que che damos o prezo despois do inventario. Se o pasamos a un servidor xestionado de Netsis, o VPS comeza en 50 € ao mes + IVE.

Cóntanos que precisas

Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.

986 06 02 70

Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30