Web ou tenda nova
Se necesitas unha web nova ou unha tenda en liña, faina Invbit, o estudo de deseño e desenvolvemento ao que pertence Netsis. Nós estamos desde o principio para que saia aloxada, segura e con alguén que a coide.
Por que xuntos
Cando a axencia que fai a web e o provedor que a aloxa son distintos, cada problema acaba nun "iso é cousa do outro". Aquí a web faina Invbit e alóxaa e mantena Netsis, na mesma oficina, así que quen responde é sempre o mesmo equipo.
E a web nace preparada para o que vén despois: con copias, coas actualizacións previstas e cos textos de cookies e privacidade en orde desde o primeiro día.
O que adoita vir detrás
- Dominios Rexistro e traslado de .gal, .es e .com.
- Correo profesional Caixas de correo co teu dominio, antispam e migración sen perder correos.
- Hosting WordPress Aloxamento preparado para WordPress e WooCommerce.
- Hosting PrestaShop Para tendas PrestaShop e WooCommerce con catálogo grande.
- Analítica e medición Saber que páxinas che traen chamadas, formularios e vendas.
- Mantemento WordPress Actualizacións probadas, PHP ao día e copia antes de cada cambio.
O que adoita preguntarse
Teño que aloxar a web en Netsis se a fai Invbit?
Non. Se xa tes un hosting que che funciona, Invbit pode deixala alí. O que che ofrecemos é telo todo co mesmo equipo.
Que tipo de webs fai Invbit?
Webs de empresa, tendas en liña e proxectos á medida. Tes os seus traballos en invbit.com.
E se xa teño a web e só quero cambiala de sitio?
Entón non fai falta unha web nova. Traémoscha coa migración gratuíta.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30