Monitorización de webs, certificados e dominios
Moitas veces unha web caída descóbrea un cliente que chama para queixarse. Comprobamos a túa cada poucos minutos, a calquera hora, e se falla chéganos o aviso a nós.
O que revisamos
-
Que a web está viva
Non abonda con que o servidor conteste. Comprobamos que a páxina carga o seu contido e non un erro nin unha páxina en branco.
-
Certificados
Se un certificado non se renova, o navegador avisa de sitio perigoso. Decatámonos días antes de que caduque.
-
Dominios
Un dominio caducado lévase a web e o correo á vez. Vixiamos a data aínda que o dominio estea noutro provedor.
-
DNS e correo
Un cambio nos DNS que ninguén pediu pode desviar o correo ou a web. Se cambian, vémolo.
Que pasa cando salta un aviso
A comprobación non para, nin de noite nin en festivo. Os avisos chéganos a calquera hora e atendémolos no noso horario, de luns a xoves de 9 a 17 e os venres de 9 a 14:30.
Se a web está aloxada connosco ou ten mantemento, o arranxo facémolo nós. Se non, avisámoste co que vemos e dicímosche que fariamos.
O que adoita preguntarse
Serve se a miña web non está aloxada convosco?
Si. A comprobación faise desde fóra, como a faría un visitante, así que dá igual onde estea a web.
Chégame a min o aviso?
Chéganos a nós, que somos os que podemos mirar que pasa. Se queres recibilo tamén, configurámolo para que che chegue por correo.
E se a web cae de noite?
O aviso queda rexistrado coa hora e atendémolo ao comezar o horario. Se precisas que alguén actúe de noite, cóntanolo e vemos como cubrilo.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30