Cuestionarios de ciberseguranza para provedores
Un banco, unha operadora ou unha empresa industrial mándache un cuestionario de seguranza antes de renovar o contrato, e ninguén na empresa sabe contestar a metade das preguntas. Contestámolo contigo, con datos medidos, e arranxamos antes o que sairía mal.
Como o facemos
-
Pásasnos o cuestionario
Tal como che chegou, en Excel, nunha plataforma ou en PDF. Separamos o técnico do que ten que contestar a dirección.
-
Medimos o que tes
Correo, web, servidores, copias e accesos, revisados desde fóra e por dentro. As respostas saen do que vemos, non do que supoñemos.
-
Arranxamos o urxente
O que sairía mal e ten arranxo rápido, como o dobre factor ou un DMARC sen configurar, corrixímolo antes de contestar.
-
Preparamos as respostas
Coa documentación que adoitan pedir: inventario de sistemas, política de copias e quen accede a que.
ENS, ISO 27001 e NIS2
Moitos cuestionarios toman as súas preguntas do Esquema Nacional de Seguranza ou da ISO 27001, e cada vez máis da directiva NIS2, que pide ás empresas de sectores esenciais e importantes que coiden a seguranza da súa cadea de subministración. Os seus provedores nótano en forma de cuestionario.
Non somos auditores nin certificamos. Axudámosche coa parte técnica, que é a que máis custa, e se buscas unha certificación deixámosche os sistemas preparados para a auditoría.
O que adoita preguntarse
E se non cumprimos o que piden?
O normal é que falle algo. Dicímosche que se pode arranxar antes de contestar, que leva máis tempo e como explicalo na resposta cun plan e unha data.
Tedes que vir á oficina?
Case todo se revisa en remoto. Se hai servidores ou equipos na oficina que convén ver, imos, sobre todo se estás preto de Santiago.
En que se diferencia dunha auditoría?
A auditoría de seguranza revisa todo o que tes exposto. Aquí partimos das preguntas do cuestionario e miramos só o necesario para respondelas ben.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30