Automatizacións para a túa empresa
Copiar os datos dun formulario ao programa de clientes, avisar o comercial cando entra un contacto ou pasar pedidos da tenda á xestión. Son tarefas que alguén fai á man cada día e que poden facerse soas.
Como o facemos
-
Cóntasnos a tarefa
Que se fai, cantas veces e con que programas. Con iso dicímosche se paga a pena automatizala.
-
Montámola
Con n8n, unha ferramenta de automatización que aloxamos nós nun servidor en Europa. Os teus datos non pasan por servizos que non coñeces.
-
Probámola con casos reais
Antes de acendela, con datos de verdade e co que pasa cando algo falla, como un formulario incompleto ou un programa que non responde.
-
Vixiámola
Se unha automatización se para, chéganos o aviso. Unha tarefa que falla en silencio é peor ca unha que se fai á man.
Por que n8n
Fai o mesmo ca Zapier ou Make, pero aloxámolo nós, así que non pagas por cada tarefa executada e os datos quedan nun servidor que controlamos. Se xa tes n8n e queres que o coide alguén, tamén o levamos en aplicacións aloxadas.
O que adoita preguntarse
Que programas se poden conectar?
Os que teñan unha forma de falar con outros programas, que hoxe son case todos: correo, WordPress, PrestaShop, WooCommerce, follas de cálculo, CRM e moitos programas de xestión. Se o teu non a ten, dicímoscho antes de comezar.
E se cambia o programa que usamos?
Cámbiase a peza que conecta con ese programa e o resto segue igual. Por iso as montamos por partes.
Fai falta un servidor propio?
Non. A automatización corre no noso servidor. Se prefires tela nun teu, montámoscha alí.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30