Cookies e RGPD na túa web
Moitas webs amosan un aviso de cookies que non bloquea nada: Analytics ou o píxel de Facebook cárganse antes de que o visitante acepte. Revisámolo cun navegador limpo e deixámolo como pide a lei.
Como o facemos
-
Miramos que pon a túa web
Entramos cun navegador sen nada gardado e anotamos cada cookie e cada servizo de fóra que se carga, antes e despois de aceptar.
-
Axustamos o aviso
Configurámolo para que Analytics, os píxeles de publicidade e os vídeos incrustados agarden polo consentimento, e comprobamos que de verdade agardan.
-
Adaptamos os textos
Aviso legal, política de privacidade e política de cookies cos datos da túa empresa e a táboa real de cookies, non a dun modelo.
-
Repasamos os formularios
Caixa de aceptación, información básica xunto ao botón e un prazo de conservación das mensaxes que se cumpra.
O que di a lei, en poucas palabras
As cookies que non son necesarias para que a web funcione, como as de analítica ou publicidade, precisan o consentimento do visitante antes de instalarse. Rexeitar ten que ser tan doado como aceptar. Explícao a guía sobre cookies da AEPD.
Se a túa web non pon ningunha cookie dese tipo, non fai falta aviso, e así o deixamos cando se pode. É o que fixemos nesta mesma web.
Non somos un despacho de avogados.
Deixamos a web preparada e os textos adaptados. Se a túa actividade trata datos delicados, como os de saúde, convén que os revise o teu asesor.
O que adoita preguntarse
Teño que poñer aviso de cookies aínda que a miña web sexa pequena?
Depende do que cargue, non do tamaño. Se usa Analytics, un píxel de publicidade ou vídeos de YouTube incrustados, si. Se só pon cookies técnicas, non.
Podo seguir medindo as visitas se o visitante rexeita?
Con Analytics, o que fai quen rexeita queda fóra ou estímase. Hai ferramentas de medición sen cookies que non precisan consentimento, e contámosche cal encaixa no teu caso en analítica e medición.
Serve para calquera web?
Traballamos sobre todo con WordPress e PrestaShop. Se a túa web é doutro tipo, mirámola igual e dicímosche que se pode facer.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30