Sistemas para empresas
Se na túa empresa ninguén se ocupa dos servidores, ou se ocupa alguén que fai outras dez cousas, encargámonos nós. Servidores, copias, correo, acceso remoto e aplicacións, administrados co mesmo coidado que os nosos.
O que facemos
Cada servizo pódese contratar por separado. O normal é comezar por unha revisión e decidir despois.
- VPS xestionado Recursos só para ti, administrados por nós.
- Dedicados e nube privada Servidores propios ou nube privada Proxmox para empresas.
- Servidor de oficina e nube Arquivos compartidos, Nextcloud e contrasinais en servidor propio.
- Copias de seguranza Copias externas de servidores e datos de empresa.
- VPN e teletraballo Acceso seguro á oficina desde a casa, sen abrir nada a Internet.
- Correo profesional Caixas de correo co teu dominio, antispam e migración sen perder correos.
- Aplicacións aloxadas Odoo, Moodle, n8n, Nextcloud ou a túa aplicación á medida.
- Auditoría de seguranza Revisión de webs, servidores e correo antes de que haxa un susto.
- Resposta a incidentes Caixas de correo roubadas, accesos indebidos e fugas de datos.
Como traballamos
Comezamos por revisar o que tes. Que servidores hai e que fan, quen entra e como, que copias existen e se se poden restaurar. Moitas veces esa revisión xa saca o urxente.
A partir de aí propoñémosche un plan por prioridades. O que funciona non o tocamos por tocar, e o que haxa que cambiar faise con copia previa e un camiño para volver atrás.
Traballamos sobre Linux, con Proxmox para a virtualización e con paneis como Plesk, cPanel ou HestiaCP cando fan falta.
Preto da túa empresa
Estamos en Santiago de Compostela. Case todo se fai en remoto, e se fai falta ver un servidor na túa oficina, organizámolo.
- Enderezo
- Calle de Josefa García Segret, 6-8, local 3, 15702 Santiago de Compostela
- Luns a xoves
- 9:00 a 17:00
- Venres
- 9:00 a 14:30
- Teléfono
- 986 06 02 70
- Correo
- info@netsis.es
O que adoita preguntarse
Traballades con empresas de fóra de Galicia?
Si. Case todo o traballo é remoto. Estar en Santiago achéganos ás empresas galegas, pero non é un requisito.
Como se contrata?
Segundo o caso, cunha bolsa de horas, cunha cota por servidor ou como un traballo pechado. Vémolo na primeira conversa.
Podedes traballar co informático que xa temos?
Si, e é o máis habitual. Ocupámonos dos servidores e el segue cos postos de traballo e o día a día.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30