Servidor de oficina e nube privada
Os arquivos da empresa nun só sitio, con permisos por persoa, acceso desde a casa e copia fóra. Nun servidor na túa oficina, nun noso ou nos dous á vez.
Como o temos nós
A nosa oficina funciona con dous servidores Proxmox que se replican entre si cada poucos minutos durante a xornada. Se un falla, o outro ten os datos case ao día. É a mesma montaxe que lles propoñemos a empresas do noso tamaño.
Por riba van os cartafoles compartidos de sempre, para quen traballa co explorador de Windows, e Nextcloud para quen necesita os arquivos no móbil ou fóra da oficina. E os contrasinais do equipo, nun xestor compartido e non nunha folla de cálculo.
Que inclúe
-
Cartafoles compartidos
Unidades de rede con permisos por persoa ou por departamento.
-
Nextcloud
Arquivos, calendario e contactos desde o navegador, o móbil ou o ordenador.
-
Xestor de contrasinais
Vaultwarden, compatible coas aplicacións de Bitwarden.
-
Réplica
Dous servidores que se copian entre si. Se falla un, os datos están no outro.
-
Copia externa
Copia diaria noutro centro de datos, á parte da réplica.
-
Acceso desde fóra
Por VPN, sen abrir o servidor a Internet.
Se xa tes un servidor na oficina
É habitual atopar en oficinas de Galicia un servidor que montou alguén hai anos e que ninguén se atreve a tocar. Revisámolo, copiamos todo e, se convén, pasámolo a un equipo novo ou ao noso servidor co menor corte posible.
O que adoita preguntarse
Vides instalalo á oficina?
Se estás en Galicia, si. O equipo instálase na túa oficina e o resto da configuración faise en remoto.
Na miña oficina ou no voso servidor?
Se a conexión da oficina é boa e hai sitio para un equipo, na oficina vai máis rápido para quen traballa alí. Se o equipo traballa repartido, adoita compensar telo no noso servidor. Tamén se pode ter un en cada sitio, replicados.
Podemos seguir usando os cartafoles de Windows?
Si. Os cartafoles compartidos funcionan co explorador de Windows e cos Mac.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30