Saltar ao contido
Web caída ou hackeada? Axudámosche a recuperala

Optimización de velocidade web

Cando unha web ou unha tenda tarda en cargar, buscamos onde se vai o tempo: no servidor, na base de datos ou na propia web. Corrixímolo e ensinámosche a medición de antes e a de despois.

Medir coa caché apagada

Coa caché acesa case calquera web parece rápida, porque serve unha copia xa feita. O problema aparece cando a caché non está, que é o que lle pasa ao primeiro visitante, ao que entra no carriño ou ao que filtra o catálogo. Por iso medimos tamén sen ela.

O que atopamos adoita ser unha mestura de consultas que o tema repite sen necesidade, plugins que cargan en todas as páxinas aínda que se usen nunha, imaxes a tamaño de cartel e un servidor sen axustar para ese tipo de web.

Corriximos o que dá resultado e deixámosche as cifras.

Onde actuamos

  • Servidor

    PHP-FPM, OPcache e Redis axustados á túa web.

  • Base de datos

    Consultas lentas, índices que faltan e táboas que medran sen control.

  • Caché de páxina

    Configurada segundo a web, coas exclusións que necesita un carriño.

  • Imaxes

    Tamaños correctos e formatos modernos como WebP.

  • Tema e plugins

    O que se carga de máis e cando convén substituír algo.

  • Bots

    Tráfico automático que se come o servidor, sobre todo nos filtros das tendas.

A distancia pesa menos do que parece

Cando unha web vai lenta, o primeiro que se pensa é que o servidor está lonxe. Nas que medimos, o tempo adoita irse na propia web e na base de datos, e iso arránxase igual estea o servidor en Galicia ou en Alemaña.

O que adoita preguntarse

Vai máis rápida a web se o servidor está en Galicia?

Dentro de Europa a diferenza por distancia son milisegundos. Pesa moito máis como está feita a web, e ensinámoscholo coa medición de antes e a de despois.

Garantídesme unha puntuación en PageSpeed?

Non. A puntuación depende tamén de cousas que non controlamos, como os scripts de terceiros. O que si che damos é o tempo real de carga medido antes e despois.

Fai falta cambiar de hosting?

Non sempre. Moitas veces o colo de botella está na web. Se o servidor é o problema, dicímoscholo con datos.

Canto custa?

Segundo o que haxa que tocar. Antes de comezar dámosche un orzamento coas horas estimadas.

Cóntanos que precisas

Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.

986 06 02 70

Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30