Migración gratuíta a Netsis
Traémosche a web, a base de datos e o correo desde o teu hosting actual. Probámolo todo antes do cambio e non dás de baixa nada ata que confirmas que funciona.
Así se fai
-
Dásnos acceso ao teu hosting actual
Co acceso ao panel ou por FTP abonda. Se non o tes, axudámosche a pedilo ao teu provedor.
-
Copiamos a web e o correo
Montámolo todo no noso servidor e probámolo cun enderezo provisional antes de tocar nada do que tes.
-
Cambiamos o DNS cando ti digas
Eliximos un momento tranquilo. O correo cópiase antes e despois do cambio para que non quede ningunha mensaxe polo camiño.
-
Revisamos que todo funciona
Formularios, envíos de correo, pagamentos da tenda e certificado. Non deas de baixa o hosting anterior ata que confirmes que todo vai ben.
O que adoita fallar nunha migración
Copiar ficheiros é a parte doada. O que dá problemas é o que non se ve: un formulario que enviaba o correo coa configuración do hosting antigo, un certificado que non se pediu a tempo, un dominio con DNSSEC que deixa de resolver ou un correo que chega ao servidor vello durante o cambio.
Levamos unha lista con todo iso e repasámola en cada migración.
Condicións
- A migración é gratuíta ao contratar calquera plan de aloxamento.
- Se a web está infectada, límpase antes de movela, con orzamento á parte.
Se non tes os accesos
Moitas migracións que facemos son de empresas de Galicia que tiñan a web no hosting dunha axencia que xa non existe, ou nun provedor grande co que ninguén falaba desde había anos. O primeiro é recuperar os accesos, e niso axudámosche.
O que adoita preguntarse
E se a axencia que nos fixo a web xa non existe?
Adoita poder recuperarse. Quen figura como titular do dominio pode pedir os accesos ao provedor, e a partir de aí migramos.
Canto tarda?
Depende do tamaño da web e do correo. Dámosche data antes de comezar, e o cambio definitivo decídelo ti.
Nótase o cambio?
Para as túas visitas, non. Durante unhas horas, mentres se propaga o DNS, unhas verán o servidor antigo e outras o novo, e as dúas versións son iguais.
E se teño varias webs no mesmo hosting?
Migrámolas todas, co mesmo proceso para cada unha.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30