Mantemento de WordPress
Actualizamos o teu WordPress sen rompelo. Cada cambio próbase primeiro nunha copia, compárase coa web real e só entón se aplica, cunha copia gardada por se houbese que volver atrás.
Tres plans
Todos levan as actualizacións probadas nunha copia. Cambia canto traballo de cambios e soporte entra cada mes.
-
Mantemento Esencial
Webs corporativas que só precisan estar ao día e a salvo.
- Actualizacións
- Mensuais, probadas nunha copia
- Copia previa
- Antes de cada cambio
- Seguranza
- Plugins pechados e usuarios revisados
- Informe
- Mensual
-
Mantemento Profesional
Webs que cambian a miúdo ou dependen de moitos plugins.
- Todo o do Esencial
- Incluído
- Horas incluídas
- 1 h ao mes de cambios ou soporte
- PHP 8
- Paso e parches de compatibilidade
- Limpeza de malware
- Incluída se a web está connosco
-
Mantemento Tenda
Tendas WooCommerce onde un fallo no carriño custa pedidos.
- Todo o do Profesional
- Incluído
- Horas incluídas
- 2 h ao mes
- Compra de proba
- Tras cada actualización
- Pasarelas e envíos
- Revisados con cada cambio
Actualizar non é darlle ao botón
WordPress avisa de que hai actualizacións e ofrece un botón para facelas todas. O botón funciona ata o día en que un plugin cambia a súa forma de gardar datos ou o tema deixa de ser compatible, e a web rompe diante dos teus clientes.
O noso método é máis lento e máis seguro. Facemos unha copia da web, actualizamos a copia, comparamos as páxinas importantes coas da web real e probamos formularios e carriño. Se todo cadra, aplícase. Se algo falla, arránxase na copia.
Así puxemos ao día webs que seguían en WordPress 3 e 4, feitas con Elementor, Divi, BeTheme ou WPBakery e traducidas con WPML.
O que non facemos
- Aplicar actualizacións grandes sen probalas antes.
- Cambiar deseño ou textos sen que nolo pidas.
Que entra no mantemento
-
Actualizacións probadas
Núcleo, plugins e tema, con proba previa nunha copia.
-
PHP 8
Pasamos a web a unha versión de PHP con soporte e corriximos o que non aguante o cambio.
-
Plugins abandonados
Se un plugin se pecha por seguranza ou o seu autor o deixa, propoñémosche outro ou substituímolo por código propio.
-
Copia antes de cada cambio
Unha copia específica xusto antes de tocar nada, á parte da diaria.
-
Usuarios e accesos
Revisamos que non haxa administradores de máis nin contas de xente que xa non está.
-
Informe
Que se actualizou e que cambiou, explicado sen xerga.
Webs que quedaron sen mantemento
Moitas webs de empresas de Galicia fixéronse cunha axuda ou para unha campaña e ninguén as volveu actualizar. Seguen funcionando ata que un día deixan de facelo, ou ata que alguén entra por un plugin vello. O mantemento evita chegar a ese punto.
O que adoita preguntarse
Mantedes webs feitas co Kit Digital?
Si. Moitas desas webs quedaron sen mantemento ao acabar a axuda. Revisámolas, poñémolas ao día e dicímosche que convén manter.
Cada canto actualizades?
As actualizacións de seguranza van primeiro. O resto agrúpase en tandas que se proban xuntas, para non tocar a web cada semana.
Que pasa se unha actualización rompe algo?
Se falla na copia, a web real nin se decata. Se algo escapa e aparece despois, volvemos á copia feita xusto antes do cambio.
Mantedes webs que non estean aloxadas convosco?
Si, en calquera hosting no que teñamos acceso.
Inclúe cambios de contido?
O mantemento é técnico. Para cambios de textos, deseño ou seccións novas, Invbit, o estudio ao que pertence Netsis, faiche o orzamento.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30