Saltar ao contido
Web caída ou hackeada? Axudámosche a recuperala

Hosting WordPress en Galicia

Aloxamento para webs WordPress e tendas WooCommerce pequenas, en servidores que administramos nós. Cando algo falla, aténdete alguén que sabe de WordPress e pode entrar no servidor a miralo.

Pensado para como se rompe WordPress

A maioría das webs que limpamos de malware caeron por un plugin que levaba meses sen actualizar ou por un contrasinal repetido noutros sitios. O servidor case nunca é o problema, pero pódello poñer máis difícil a quen tenta entrar.

Por iso os servidores levan unha devasa web coas regras de OWASP e outras nosas que frean os bots que rastrexan webs buscando fallos coñecidos e os que copian contido. PHP vai en versión 8 con OPcache, que compila o código unha vez e o reutiliza, e a copia diaria gárdase noutro servidor.

Se queres ir máis alá do aloxamento, o mantemento de WordPress ocúpase das actualizacións con copia previa e comprobación.

Funciona sen problema con

  • WooCommerce, WPML e Polylang.
  • Elementor, Divi, BeTheme, WPBakery e o editor de bloques.
  • Yoast, Rank Math, Complianz e os plugins de formularios habituais.

Que inclúe o plan

  • Discos NVMe

    50 GB de espazo en discos NVMe, bastante máis rápidos que os SSD de sempre.

  • PHP 8 con OPcache

    A versión de PHP escóllese segundo o que aguanten o teu tema e os teus plugins, e non se cambia sen avisarte.

  • Copia diaria

    Gárdase nun servidor distinto ao da túa web. Se algo se rompe, restauramos a web enteira ou só un arquivo.

  • Certificado SSL

    Let's Encrypt, instalado e renovado sen que teñas que facer nada.

  • Correo con antispam

    20 caixas de correo co teu dominio, antispam e greylisting, listas para o móbil e para Outlook.

  • Migración incluída

    Traémosche a web e o correo desde o teu hosting actual. Mira como o facemos.

Se o teu WordPress xa está infectado, limpámolo antes de movelo. Se non, a infección viaxa con el.

Máis en limpeza de malware en WordPress.

WordPress de empresas de Galicia

Boa parte das webs que aloxamos son WordPress de empresas galegas: despachos, hoteis, cooperativas, comercios. Moitas chegan de provedores de fóra nos que o soporte non coñecía a web. Aquí quen colle o teléfono pode entrar no panel e mirala contigo.

O que adoita preguntarse

Podedes aloxarme un WordPress que fixo outra axencia?

Si. Aloxamos webs feitas por outras axencias e por profesionais independentes. Se a axencia segue levando o deseño, coordinámonos con ela para o que toque o servidor.

Serve para WooCommerce?

Si, para tendas con catálogo pequeno ou mediano. Se vendes moito ou tes miles de produtos con filtros, convénche o hosting para tendas, que leva regras contra os bots que machacan os filtros do catálogo.

Podo instalar calquera plugin?

Si. Se algún dos que usas está pechado no repositorio de WordPress por un fallo de seguranza, avisámoste e propoñémosche unha alternativa.

Quen actualiza WordPress?

O aloxamento cobre o servidor: sistema, PHP, certificados e copias. As actualizacións de WordPress, do tema e dos plugins van no mantemento, porque cada unha se proba antes para non romper a web. Se prefires facelas ti, podes.

Tedes caché de páxina?

Configurámola web a web, porque a que serve para unha web corporativa non vale para unha tenda con carriño. Entra na optimización de velocidade.

Cóntanos que precisas

Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.

986 06 02 70

Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30