Correo profesional co teu dominio
Caixas de correo co nome da túa empresa que chegan á bandexa de entrada e non ao spam. E se xa tes correo noutro sitio, traémolo enteiro, cartafoles incluídos.
Que os teus correos cheguen
Un correo de empresa que acaba no cartafol de spam do cliente é un orzamento que ninguén le. Case sempre é cousa de tres rexistros do DNS que non se configuraron: SPF, DKIM e DMARC. Deixámolos ben postos e comprobamos que o teu dominio non estea en ningunha lista negra.
Se usas Microsoft 365 ou Google Workspace para o correo e a web está connosco, facemos que as dúas cousas convivan. O correo segue onde está e os formularios da web saen asinados para que non se perdan.
Tamén está o caso do contrasinal roubado. Unha caixa de correo comprometida adoita comezar a mandar spam ou a reenviar facturas a outro enderezo. Os límites de envío frean o primeiro e, se notas algo raro, revisámolo nos rexistros do servidor.
Como migramos o teu correo
-
Creamos as caixas de correo
Cos mesmos nomes que xa usades. Os contrasinais escólleos ti ou dámolos nós.
-
Copiamos o correo antigo
Cartafoles, enviados e arquivados, caixa a caixa, mentres seguides usando o correo de sempre.
-
Cambiamos o DNS
O correo novo empeza a chegar aquí. Facemos unha última copia para recoller o que entrou durante o cambio.
-
Configuramos os equipos
Pasámosche os datos para o móbil e Outlook, ou configurámolo convosco.
Correo de empresa en Galicia
Migramos caixas de correo de empresas de Galicia que levaban anos co correo do provedor da web ou dunha operadora, ás veces con moitos gigas acumulados en cada caixa. Pasámolas sen cortar o servizo e deixámosche os datos para configurar cada equipo.
O que adoita preguntarse
Podemos manter os enderezos de correo que xa usamos?
Si. O dominio segue sendo teu e os enderezos non cambian. Só cambia o servidor onde se garda o correo.
Pérdese algún correo na migración?
Non debería. Por iso facemos unha copia antes do cambio de DNS e outra despois, para recoller o que chegase ao servidor antigo polo camiño.
Podedes migrar desde Zimbra ou outro provedor?
Si. Migramos caixas de correo desde outros hostings, desde servidores Zimbra e desde contas IMAP de todo tipo.
Podo ter o correo en Microsoft 365 e a web convosco?
Si, e é moi habitual. Configuramos os rexistros do dominio para que o correo vaia a Microsoft e a web ao noso servidor, e que os formularios da web non acaben en spam.
Que fago se creo que me roubaron o contrasinal do correo?
Cámbiao desde outro equipo e chámanos. Revisamos desde onde se entrou, se se enviou spam ou se creou algunha regra de reenvío, e pechámolo. Hai máis en resposta a incidentes.
Contámolo no blog
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30