Saltar ao contido
Web caída ou hackeada? Axudámosche a recuperala

Copias de seguranza externas

Unha copia que está no mesmo servidor que os datos non serve cando o servidor falla ou cando un ransomware o cifra todo. Gardamos as copias dos teus servidores e dos teus datos fóra, noutro centro de datos, e restaurámoschas cando faga falta, enteiras ou arquivo a arquivo.

Primeiro, que hai que copiar

Non todas as empresas necesitan o mesmo. Unha xestoría necesita recuperar un documento que se borrou hai tres meses. A unha tenda impórtalle volver a como estaba hai unha hora. Por iso empezamos vendo que datos tes, onde están e canto te podes permitir perder.

Con iso deseñamos a política de copias: que se copia, cada canto tempo, canto historial se garda e onde. E quen pode borrar unha copia, que é o que protexe fronte a un ransomware.

Que copiamos

  • Servidores completos

    Máquinas virtuais e contedores, con restauración enteira ou por ficheiros.

  • Bases de datos

    MySQL, MariaDB e outras, copiadas de forma coherente mentres están en uso.

  • Cartafoles da oficina

    Servidores de ficheiros e Nextcloud, con historial de versións.

  • Copias que non se poden borrar desde a orixe

    Envíanse a un destino onde o servidor pode escribir pero non borrar, para que un ataque non leve tamén as copias.

Unha copia que nunca se restaurou é unha suposición.

Por iso propoñémosche probar a restauración de cando en vez, cun arquivo ou cun servidor enteiro.

A copia ao lado do servidor non conta

En moitas pemes de Galicia a copia está nun disco USB na oficina, ao lado do servidor. Se hai un roubo, un incendio ou un ransomware, pérdense os dous. A copia noutro centro de datos é a que permite volver traballar.

O que adoita preguntarse

Podedes copiar varias sedes da empresa?

Si. Cada sede envía a súa copia ao mesmo sitio e a restauración pódese facer en calquera.

Onde se gardan as copias?

Nun centro de datos da Unión Europea distinto do dos teus servidores, ou tamén nun equipo da túa oficina se queres ter unha copia a man. O máis seguro é ter as dúas.

Podedes copiar un servidor que está na miña oficina?

Si. O máis cómodo é unha copia diaria cara ao noso servidor de copias por unha conexión cifrada.

Canto historial se garda?

O que decidamos contigo. Máis historial ocupa máis espazo e custa máis, así que o axustamos ao que de verdade necesitas recuperar.

Cóntanos que precisas

Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.

986 06 02 70

Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30