Saltar ao contido
Web caída ou hackeada? Axudámosche a recuperala

Auditoría de seguranza

Unha revisión do que tes exposto antes de que o atope outro. Webs, servidores, accesos e correo, cun informe que di que arranxar primeiro.

O que miramos

  • Webs WordPress e PrestaShop

    Versións, plugins e módulos con vulnerabilidades publicadas ou pechados por seguranza, usuarios administradores e ficheiros que non deberían estar aí.

  • Servidores

    Que se ve desde fóra, que servizos están abertos, como se entra por SSH e se o sistema recibe parches.

  • Correo

    SPF, DKIM e DMARC, regras de reenvío, accesos desde países raros e caixas de correo de antigos empregados.

  • Accesos

    Contas de panel, FTP e bases de datos que seguen activas sen que ninguén as use.

Cando cho pide un cliente

Cada vez máis empresas grandes piden aos seus provedores que enchan cuestionarios de ciberseguranza. Axudámosche a respondelos con datos medidos desde fóra e a corrixir o que saia antes de envialos.

O informe sae ordenado por gravidade, con que facer en cada punto e canto traballo leva. Podes arranxalo ti, o teu provedor ou nós.

Provedores de grandes empresas

As empresas grandes, tamén as de Galicia do sector industrial, alimentario ou de telecomunicacións, piden cada vez máis aos seus provedores cuestionarios de ciberseguranza antes de asinar. Axudamos a respondelos con datos medidos e a corrixir o que saía antes de envialos.

O que adoita preguntarse

Axudádesnos co cuestionario dun cliente concreto?

Si. Pásasnos o cuestionario, medimos o que se pode medir e preparámosche as respostas técnicas, co que hai que arranxar primeiro.

Facedes probas de intrusión?

Facemos revisión técnica e de configuración, sen ataques simulados. Se necesitas unha proba de intrusión, axudámosche a preparar a infraestrutura para que saia limpa.

Canto dura unha auditoría?

Depende de cantas webs e servidores haxa. Dámosche prazo e prezo antes de comezar, despois dunha primeira chamada.

E se a auditoría atopa algo grave?

Avisámoste no momento, sen esperar ao informe. Se hai unha porta aberta, o primeiro é pechala.

Cóntanos que precisas

Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.

986 06 02 70

Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30