Aplicacións aloxadas e administradas
Hai aplicacións que non caben nun hosting normal. Instalámolas nun servidor preparado para cada unha, coa súa base de datos axustada, as súas copias e as súas actualizacións.
Que aloxamos
-
Odoo
ERP e CRM coa súa base de datos, copias e acceso seguro ao panel.
-
Moodle e Chamilo
Plataformas de formación con usuarios, cursos e ficheiros a salvo.
-
n8n
Automatizacións entre os teus programas nun servidor propio, sen pagar por cada execución.
-
Desenvolvementos á medida
Aplicacións en Laravel ou Node con colas, tarefas programadas e despregamentos.
O que non se ve dunha aplicación
Instalar unha aplicación é cousa dunha tarde. O que leva traballo é o de despois. Que se actualice sen romper, que a base de datos non medre ata encher o disco, que as copias se poidan restaurar e que ninguén de fóra poida entrar no panel de administración.
Diso encargámonos nós, cos mesmos procedementos que usamos nos nosos servidores.
Academias e empresas coa súa propia aplicación
Centros de formación e empresas de Galicia usan Moodle, Odoo ou automatizacións con n8n que alguén instalou nun servidor sen mantemento. Pasámolas a un servidor administrado con copias e, se fai falta, falamos con quen as desenvolveu.
O que adoita preguntarse
Tedes experiencia con plataformas de formación?
Si. Aloxamos Moodle e Chamilo para formación en liña, cos seus usuarios, cursos e ficheiros.
Podedes aloxar unha aplicación que nos fixo outra empresa?
Si. Necesitamos saber que precisa para funcionar e, se pode ser, falar con quen a desenvolveu.
Quen fai as actualizacións?
As de seguranza do sistema, nós. As da propia aplicación probámolas antes contigo, porque poden cambiar como traballades.
Cóntanos que precisas
Contéstache unha persoa do equipo técnico, non un bot. Se é urxente, chama, que é o máis rápido.
Luns a xoves, 9:00 a 17:00
Venres, 9:00 a 14:30